miércoles, 7 de marzo de 2012

Y el remate del ATROPELLO, es el INFORME JURÍDICO... ( A Guarda).

Emitido el 15.01.2010, por el "Asesor Xurídico" D. Carlos Potel Alvarellos, quien, en un alarde de "bondad" contesta las alegaciones, que según dice no deberían ser ni admitidas ni contestadas. Este hombre, es un "pedazo de pan"... aunque al final dice lo que dice y hace lo que hace. O sea:

INFORME XURÍDICO
ASUNTO: SOLICITUDE DE LICENCIA DE ACTIVIDADE PARA DISCOTECA EN LOCAL EXISTENTE NA RÚA MANUEL ÁLVAREZ, Nº 8. SOLICITANTE: ENJOY, S.L.

         "E obxecto deste informe os escritos de alegacións presentados por distintos veciños no expediente de licencia de obra e actividade para instalación dunha discoteca no lugar antes referido, no mes de Novembro de 2009.
        A fin de emitir o informe solicitado, temos que facer mención, en primeiro lugar, a que os escritos mencionados son extemporáneos, dado que foron presentados fora do trámite de exposición ó público. No obstante, ddo que a acción en materia de urbanismo é pública, pode considerarse que os interesados poden facela valer en calquera momento, durante a tramitación do expediente, e por elo non debería declararse a extemporaneidade de tales escritos, debendo acto seguido analizar o fondo dos mesmos.
          Así, en primeiro lugar, debemos ter en conta que, ainda que hai múltiples escritos de alegacións, todos eles redúcense a dous, dado que os demáis son copia exacta de eses dous modelos, motivo polo que analizanse a continuación os distintos motivos desos dous escritos, tomándose en consideracióno formulado por D. Bernardo Baz e D. Fernando Alonso Viderra.
          Antes de comenzar por analizar os motivos do primeiro escrito, temos que partir da base de que o mesmo incurre en un evidente e grave erro que impide acceder o solicitado no mesmo. En efecto, tal escrito considera que o Concello otorgou licencia de actividade para a devandita discoteca mediante acordo da Xunta de Goberno de data 10 de xullo de 2008, interesando sexa revocado o seu otorgamento e que fose revisada por algún dos procedimentos previstos na Lei 30/1992. Sen embargo, se analizamos o devandito acordo, ó único que fai é informar favorablemente a concesión da licencia de actividade, como trámite previo a súa concesión, sin que ata a data fora concedida a mesma. En consecuencia co exposto e dada a imposibilidade de acceder ao solicitado, dado que non existe o acto administrativo que se recurre, o recurso debe ser inadmitido sen mais. En todo caso, o acrodo recorrido trátase dun acto de trámite que tampouco é susceptible de impugnación.
       No obstante, analizánse as alegacións formuladas. Así, respecto a primeira de que o uso non está permitido na ordenanza de aplicación, dado que dentro do uso comercial non pode incluirse a discoteca que atópase no uso recreativo, este Letrado mostrase conforme co criterio do Arquitecto Técnico municipal no sentido de que cando o uso comercial fai rferencia a que dentro do mesmo atópanse as actividades de restaurantes, cafeterías e bares, debe entenderse que engloba as actividades hosteleiras en xeral, entre elas, a de discoteca. E decir, carece de sentido que un restaurante ou un bar sexa considerado como un uso comercial no planeamento e que unha discoteca sexa considerada como un uso recreativo, dada a súa similitude ou analoxía, non debendo considerarse com unha lista tasada a contida na norma 4.1.3.3, cando dispón que o uso comercial comprende os servicios de hostelería, tales como restaurantes, cafeterías e bares, esta redacción indica que empreegase a sua cita a modo de exemplo, pero non con carácter tasado. En consecuencia, debe rexeitarse o motivo exposto.
           En segundo lugar, alegase a infracción do artigo 36.b.3 do Regulamento de Espectáculos, dado que non se concedeu o trámite de audiencia o resto de propietarios do inmoble no que se ubica a discoteca. Dun análise do expediente administrativo, figura que foi notificado o Presidente do edificio nº 8 da rúa Manuel Alvarez, así como outra persoa veciña so identificada con DNI. Na notificación o presidente se lle indica que deberá facela extensiva a todos os membros da Comunidade  de Propietarios. Por outra banda, constan no expediente distintos escritos de alegacións presentados por veciños do nº 8 citado, co cal e falsa a afirmación contida nesa alegación. Finalmente, de ser certa, nunca podería ser determinante da anulación do expediente, dado que non se invoca indefensión dos interesados, único motivo polo cal podería darse a razón os alegantes, indefensión, por outro lado inexistente, dado que tería que ser invocada por quen a padece.
            Entrando a analizar o segundo escrito, o cal foi formulado correctamente dado que oponse a concesión da licencia de acondicionamento do local, alégase en primeiro lugar, a suposta falta de audiencia os veciños do edificio en cuestión, alegación que xa foi resolta no párrafo anterior. Tamén alegase unha infracción do artigo 10.1 do Regulamento de Espectáculos sobre a capacidade cúbica do local, e dada a natureza técnica da alegación remítome o informe técnico, o cal argumenta que debe ser rexeitada.
          Respecto o suposto incumprimento da Lei 28/2005, remítome igualmente o informe técnico que resolve en sentido desestimatorio. En canto o tema dos ruidos, ademáis de remitirme o informe técnico, debemos ter en conta que o informe obrante no expediente, emitido pola Entidade Virocem ven a soster que a rúa mencionada non é únha zona saturada de ruidos e que a superación dos valores nalgún punto obedecen o tráfico rodado e tampoco xustifican a declaración de zona saturada. Por outra banda, respecto a que se di que existen actividades análogas na zona que empeoran a situación, elo co fin de contradecir o informe do Arquitecto Técnico, resulta sintomático que non se cita noin se fai referencia os locais concretos que supoñan unha concentración dese tipo de actividades o que demostra que debe prevalecer o criterio do Técnico municipal.
          En canto a suposta diferencvia de tempo entre o outorgamento da licencia de actividade e a de obra, decir que a día de hoxe non concedeuse ni unha nin a outra, as c ales serán concedidas no mesmo acto, como preceptúa o artigo 196 da LOUGA.
          A Vista do exposto.esta Asesoría Xurídica formula o órgano competente a seguinte PROPOSTA:
          - Inadmitir os escritos de alegacións que solicitan a revocación e revisión da licencia de actividade de discoteca, por non existir acto administrativo de concesión da mesma.
          - Rexeitar as alegacións formuladas nos escritos nos que se solicita a denegación da licencia de acondicionamento de local para a actividade de Discoteca, en base os motivos expostos neste informe e ó do Arquitecto Técnico municipal.
           - Continuar coa tramitación dos expedientes de licencia de actividade e obra da discoteca citada ata a súa resolución final, notificando o acordo que poña fin os mesmos a todo-los interesados que formularon alegacións, con indicación dos recursos pertinentes".

         Eso es el contenido de lo informado por el denominado asesor jurídico... y saquen ustedes sus conclusiones. Y es uno más de los que, informan por informar, sin saber lo que está informando. Cómo mencionar que "a acción en materia de urbanismo é pública" -derecho fundamental de todo ciudadano-, cuando en realidad, él y todos los integrantes de ese Ayuntamiento, "pasan" de quienes la ponen en práctica.  
                           

1 comentario:

  1. Leyendo este informe jurídico, la concusión que he sacado es que fue un atropello a los vecinos por parte del señor alcalde y del asesor jurídico. Dice que la discoteca entra en el grupo de hostelería como restaurantes cafeterías bares etc., y que las alegaciones de los vecinos se reducen a dos porque son copias exactas, y que las mediciones de ruidos de la calle realizadas por la entidad (VIROCEN ) son producidos del tráfico rodado.
    Leyendo todo esto no se por donde comenzar. Los vecinos todas las alegaciones que hagan aun que sean copias exactas, al fin y al cabo son alegaciones no se puede mirar por lo que digan las alegaciones sino el numero de alegaciones, ¿o está prohibido hacer las alegaciones con el mismo texto? .Sobre lo de VIROCEN es de risa si la calle tiene ruidos del tráfico rodado ¿mucho más ruido abra cuando en esa misma calle se monte una discoteca? .
    Mis conclusiones son que no se qué intereses tendrían el señor alcalde y su grupo de gobierno para meter ¡!!! A calzador ¡!!! Esa discoteca, ellos sabrán que intereses, tendrían pero con el tiempo se sabrá. Y si no tiempo al tiempo, en cuanto al señor jurídico que a echo ese informe ¡! Sin comentarios!! No sé si echarme a reir o echarme a llorar.

    ResponderEliminar